actividade

actividade

lat activitāte

Plural: actividades
  1. s f

    Calidade de activo.

  2. s f

    Conxunto de tarefas propias dunha persoa ou entidade e tamén cada unha delas.

  3. s f

    Dilixencia ou eficacia no obrar.

    1. s

      Conxunto dos actos motores dun organismo.

    2. actividade de substitución

      Comportamento inapropiado producido por unha sobreexcitación que non pode ser liberada por unha vía habitual.

  4. s f [PSIC ]

    Conxunto de fenómenos psíquicos que tenden á acción.

  5. s f [QUÍM/FÍS ]

    Relación entre a fugacidade dunha substancia nun determinado estado e a súa fugacidade nun estado de referencia arbitraria.

  6. actividade da auga

    Cociente entre a presión de vapor dun produto e a da auga.

  7. actividade nuclear [FÍS ]

    Número de núcleos atómicos dunha substancia radioactiva que se desintegran por segundo.

  8. actividade óptica [FÍS ]

    Capacidade que presentan certas substancias de facer xirar o plano de vibración da luz polarizada plana que as atravesa.

  9. actividade solar [ASTRON ]

    Estado de intensidade do magnetismo e do fluxo solares.

  10. coeficiente de actividade [QUÍM/FÍS ]

    Cantidade pola que se deben multiplicar as presións gasosas ou as concentracións para obter as actividades.

Antónimos

Confrontaciones

dinamismo, economía

Citas

  • A actividade do antibiótico baixa a febre
  • A rápida actividade da anestesia fai que o paciente case non se decate da súa administración
  • A súa intensa actividade déixaa sen competidores
  • Despois das vacacións a casa da Cultura iniciou as súas actividades cun concerto de violín, É un cativo que asiste a todas as actividades que oferta o colexio

Frases hechas

  • En actividade loc adx En acci