camareiro -ra

camareiro -ra
Plural: camareiros Masculino: camareiro Masculino plural: camareiros Feminino: camareira Feminino plural: camareiras
    1. s

      Profesional que nun establecemento hostaleiro atende aos consumidores.

    2. camareiro de piso

      Profesional hostaleiro que limpa as dependencias de uso común en hoteis, residencias e similares.

    1. s

      Oficial palatino que na Idade Media estaba ao servizo da cámara real, na que se gardaba o tesouro, as xoias, os mobles e as vestimentas reais.

    2. s

      Dama da alta nobreza que antigamente prestaba servizos na cámara da raíña.

    1. s

      Eclesiástico encargado nos mosteiros e nas grandes igrexas do fornecemento e coidado dos vestidos para os monxes ou cóengos.

    2. s

      Muller que coidaba o vestido das imaxes nunha confraría ou nunha irmandade relixiosa.