calumnia

calumnia

lat calumnĭa

Plural: calumnias
  1. s f

    Imputación grave e falsa contra alguén feita de xeito intencionado para causar dano.

  2. s f [DER ]

    Delito que consiste na atribución consciente dun feito falso a unha persoa, o que dá lugar a un procedemento de oficio nos casos de asasinato, falsificación de documentos ou roubo.

  3. sacramento de calumnia [DER ]

    Xuramento feito ao comezo dun proceso, asegurando que consideraban a causa xusta e que non aducirían feitos nin probas falsas.

Confrontaciones

desprestixio, difamación, infamia

Citas

  • As calumnias ditas contra ela provocaron a súa expulsión da empresa