calor

calor

lat calōre

Plural: calores
    1. s [FÍS ]

      Proceso de transferencia de enerxía dun corpo ou dun sistema a outro como resultado da diferenza de temperatura entre ambos os dous.

    2. s [FÍS/FISIOL ]

      Aumento de temperatura no corpo dun animal como resultado da súa actividade metabólica.

    3. calor atmosférica [METEOR ]

      Calor debida principalmente ao Sol, pero tamén á transferencia de vapor de auga á atmosfera. Está en relación estreita coa cantidade de humidade da atmosfera e coa presenza ou ausencia de vexetación.

    4. calor atómica [FÍS ]

      Produto da calor específica dun elemento polo seu peso atómico.

    5. calor de activación / [QUÍM/FÍS ]

      enerxía de activación.

    6. calor de adsorción [FÍS ]

      Calor desprendida no proceso de adsorción dun mol de substancia sobre a superficie dun adsorbente.

    7. calor de reacción / [QUÍM/FÍS ]

      Enerxía térmica liberada ou absorbida en calquera proceso químico.

    8. calor de transformación [FÍS ]

      Enerxía térmica necesaria para efectuar un cambio de fase dunha substancia a temperatura constante.

    9. calor específica [FÍS ]

      Enerxía que ten que recibir a unidade de masa dunha substancia para que a súa temperatura se eleve unha unidade.

    10. calor latente [FÍS ]

      Expresión que designa a enerxía térmica por unidade de masa liberada ou absorbida nunha transformación isotérmica dun sistema.

    11. calor molar [FÍS ]

      Enerxía que ten que recibir un mol dunha substancia para que a súa temperatura se eleve unha unidade.

    12. calor negra [FÍS ]

      Enerxía térmica que desprenden os corpos quentes antes de chegar á incandescencia, en forma de raios infravermellos.

    13. equivalente mecánico da calor [FÍS ]

      Factor que, nas unidades de enerxía, converte a caloría no joule. O seu valor é 4,184 J·cal -1 .

  1. s f [FISIOL ]

    Sensación experimentada polo organismo cando a temperatura ambiental é elevada ou con motivo dun estado febril.

  2. s f

    Temperatura elevada do ambiente en tanto que produce sensación de calor.

  3. s f

    Entusiasmo con que se fai algunha cousa.

  4. s f

    Afecto que se demostra cara a alguén.

Confrontaciones

animación, fervor

Citas

  • Cando non están os meus pais na casa bótase en falta a calor da familia
  • Chegaron a insultarse na calor da disputa, A calor coa que a súa prima coida dos nenos é envexable
  • Non sei se terei febre porque sinto moita calor na fronte
  • Xa se nota a calor do verán

Frases hechas

  • Afogar de calor. Ir moita calor.

  • Entrar en calor. Irse quentando o que est

  • Mandar calor (algunha cousa). Ser agradable.

Refranes

  • A calor de brasa logo pasa.
  • Cando moitó queima o sol, nin muller nin col nin caracol.
  • O día de calor arróupate mellor.
  • O fomo e o vello pola boca se quentan; este con viño, aquel con leña.
  • O vello e o fomo pola boca se quentan: un con viño e outro con leña.