cáliz

cáliz

lat calix -ĭcis gr κάλυξ ‘copa’

Plural: cálices
  1. s m [RELIX ]

    Copa, de metal precioso e traballada artisticamente, que se usa para conter o viño na celebración eucarística.

    1. s

      Órgano ou cavidade en forma de cáliz.

    2. cáliz renal

      Infundíbulo da pelve renal no que se proxectan as pirámides de Malpighi a través das papilas renais.

  2. s m [BOT ]

    Conxunto de sépalos dunha flor que constitúen o periantio externo.