caldeira

caldeira

lat caldarĭa ‘estufa’

Plural: caldeiras
  1. s f

    Recipiente de metal con asas, grande e de forma redonda, empregado para quentar líquidos ou cociñar alimentos.

  2. s f [TECNOL ]

    Recipiente ou sistema de tubos que se empregan para quentar de maneira continua auga, ou outro fluído, por medio do lume.

  3. s f

    Parte inferior máis voluminosa do alambique no que se introduce o bagazo para obter a augardente por destilación.

  4. s f [XEOL ]

    Cráter de explosión de orixe volcánica, xeralmente cun diámetro de grandes dimensións, de forma máis ou menos elíptica ou circular, e con paredes abruptas e fondos case planos.

Confrontaciones

caldeiro

Citas

  • Estreou a caldeira nova para cocer o polbo