calcomanía

calcomanía

fr décalcomanie ‘manía por calcar’

Plural: calcomanías
  1. s f

    Procedemento que consiste en traspasar a un obxecto un texto ou un debuxo impreso ao revés, que vai enriba dun papel encolado.

  2. s f

    Imaxe ou debuxo obtido por este procedemento.

  3. s f

    Papel encolado que contén a imaxe ou texto antes de ser traspasada a algún soporte.

Citas

  • As calcomanías desta xerra representan uns paxaros
  • Atopei unhas baldosas decoradas por calcomanía
  • Comprou unha calcomanía para poñer na man