calcio
lat científico calcĭu
-
-
s
Elemento metálico pertencente á familia dos alcalinotérreos, situado no grupo II A da táboa periódica, de número atómico 20 e peso atómico 40,08. É o quinto dos elementos máis abundantes na codia terrestre, e está presente en todos os organismos.
-
bromuro de calcio [CaBr]
Sal cálcico de ácido bromhídrico que ten acción sedante sobre o sistema nervioso.
-
carbonato de calcio [CaCO 3 ]
Sólido incoloro que está presente en estado natural en dúas variedades cristalinas, a argonita e a calcita. Emprégase na fabricación de cemento e cal vivo, e na industria química e farmaceútica.
-
cloruro de calcio [CaCl 2 ]
Sólido incoloro e cristalino que se combina formando numerosos hidratos.
-
fosfato de calcio
Sal derivado do ácido fosfórico, que se emprega como fertilizante e como suplemento mineral en penso.
-
hidroxenosulfito de calcio [Ca(HSO 3 ) 2 ]
Sal de calcio, que se emprega principalmente no branqueo téxtil e de papel.
-
hidróxido de calcio [Ca(OH) 2 ]
Sólido cristalino incoloro que como produto industrial aparece en forma de pos brancos coñecidos xeralmente como cal morto.
-
hidruro de calcio [CaH 2 ]
Sólido de cor branca empregado na industria para desecar os aceites de condensadores e transformadores.
-
hipoclorito de calcio [Ca(ClO) 2 ]
Sólido incoloro que xeralmente se obtén en combinación co cloruro, no produto chamado cloruro de cal, pos de branqueo ou pos de gas.
-
nitrato de calcio [Ca(NO 3 ) 2 ]
Sólido branco delicuescente empregado en pirotecnia, explosivos e mistos, e tamén como fertilizante.
-
óxido de calcio
Sólido cristalino, xeralmente presentado en forma de pos brancos amorfos, coñecidos co nome de cal.
-
pectato de calcio
Composto, insoluble en auga, responsable da estrutura e da textura dos vexetais.
-
sulfato de calcio [CaSO 4 ]
Composto que está presente na natureza en forma anhidra (anhidrita), e de dihidrato (xeso).
-
s
-
antagonista do calcio
[MED ]
Medicamento que actúa moderando a entrada de ións de calcio no interior das células musculares.
-
bomba de calcio
[FISIOL ]
Transporte activo, con gasto de enerxía do ión Ca 2+ desde o citosolo ao interior do retículo sarcoplasmático.