cálamo

cálamo

lat calămu gr κάλαμος

Plural: cálamos
  1. s m [BOT ]

    Tipo de talo herbáceo que carece de nós e de follas.

  2. s m [ORNIT ]

    Parte basal da pluma dunha ave.

  3. s m [PALEOG ]

    Pluma de cana tallada en punta, utilizada na Antigüidade para escribir sobre pergameo ou papiro.

  4. s m [MÚS ]

    Antigo instrumento musical parecido á frauta.

  5. cálamo aromático [PLANTA ]

    Herba vivaz, da familia das acoráceas, de follas estreitas e flores reunidas en espigas cilíndricas, que contén un aceite esencial aromático e amargo de propiedades antibióticas.