acta

acta

lat acta pl de actum ‘acto’

Plural: actas
  1. s f

    Conxunto homoxéneo de documentos ou escritos.

    1. s

      Documento formal que constata un feito, acordo ou manifestación de vontade.

    2. acta notarial

      Documento formal estendido por un notario.

  2. acta conciliorum [RELIX ]

    Actas dos procesos verbais das sesións conciliares.

  3. acta de partido [DEP ]

    Documento en que se inscriben os participantes e se contan as incidencias dun encontro deportivo.

  4. acta electoral
    1. Documento en que se deixa constancia dos resultados e incidencias dunha elección.

    2. Certificado en que consta a elección dunha persoa para un cargo.

  5. acta martyrum [ARQUIV/RELIX ]

    Relatos auténticos do xuízo e morte de mártires cristiáns dos tres primeiros séculos.

  6. acta proconsular [ARQUIV ]

    Proceso verbal dun xuízo rexistrado polos taquígrafos do tribunal proconsular.