cadeirado

cadeirado

cadeira

Plural: cadeirados
  1. s m
    1. [ARTE ]

      Conxunto de asentos unidos entre si e pegados á parede que se integran na estrutura do coro das igrexas, conventos, salas capitulares ou salas de xuntanza.

    2. Conxunto de cadeiras, sofás ou diváns da mesma clase cos que se amobla unha habitación.

  2. s m

    Lugar no que se fabrican cadeiras artesanalmente ou onde se venden.

  3. s
    1. Construción feita con perpiaños colocados uns sobre outros.

    2. Conxunto de perpiaños.

Citas

  • Esta mesa é moi pequena para o cadeirado do salón
  • Están restaurando o cadeirado da catedral

Formas incorrectas

sillaría, sillería

Palabras vecinas

cadeado cadeeira cadeira cadeirado cadeixa cadeixo cadela