cadáver

cadáver

lat cadāver

Plural: cadáveres
  1. s m [BIOL ]

    Corpo morto dunha persoa ou dun animal.

  2. s

    Persoa que presenta un aspecto pálido porque perdeu o seu bo estado físico.

  3. cadáver exquisito [LIT ]

    Xogo colectivo practicado polos escritores, pintores e debuxantes surrealistas, principalmente entre os anos 1925 e 1930, encamiñado á creación artística.

Citas

  • A persoa que tivo o accidente na autoestrada ingresou xa cadáver no hospital
  • Parecía un cadáver despois da súa longa e grave enfermidade