cada

cada

lat cata gr κατά‘conforme a’

indef

Forma invariable, con valor distributivo, utilizada para designar individualmente unha persoa ou unha cousa calquera dentro dunha colectividade ou dun conxunto, de maneira que se consideran un por un todos os elementos dese conxunto, que reciben por igual a acción expresada polo verbo

Serviu un chisco de auga en cada vaso, Estudia cada día máis, En cada roca seu fuso, en cada pobo seu uso, Cada cal que atenda a súa casa) e pode funcionar como adxectivo ou substantivo ( Ten un lapis de cada cor, Comprou un de cada), Acompañado do cuantificador un adquire o significado de "cada persoa, cada home" sendo sinónimo do cuantificador cadaquén ( Cada un/cadaquén debe buscar o seu propio destino), Seguido dun numeral e mais dun substantivo marca a periodicidade; cun numeral cardinal, que non sexa un, o substantivo vai en plural e posúen un significado unitario ( A leiteira vén cada dous días); mentres que con indicacións temporais pode empregarse tanto o numeral ordinal coma o cardinal restrinxindo a acción ós intervalos marcados polo numeral e mais polo substantivo

Frases hechas

  • A cada paso/dous por tres. Con frecuencia. (

  • Cada vez que. Sempre que se produce o que se expresa. Ex: Cada vez que vai

  • A) cada pouco/A cada tanto. Repetidamente, despois dun per

  • Cada cando. Con frecuencia ou cada pouco tempo.

  • Cada e cando. Sempre que, tan axi

  • Cada pera polo seu rabo. As cousas hai que tomalas como son.

  • Cada tal co seu igual. Pondera a relaci

  • Cada un para si vale por sete. Pondera a autoestima.