cacofonía
cacofonía
gr κακοφωνία ‘son desagradable’ gr κακόφωνος ‘malsoante’
-
s
f
[LING ]
Son que produce un efecto acústico desagradable, resultado da repetición dos mesmos fonemas, do encontro de certas palabras, da reiteración de sílabas idénticas ou da asociación de sons discordantes.
-
s
f
[MÚS ]
Encontro de sons desagradables ao oído producido por voces ou instrumentos discordantes.