cachucho

cachucho

lat catŭlus ‘cachorro’?

Nome científico: Dentex macrophthalmus Plural: cachuchos
s m [ANIMAL/ICT ]

Peixe, da familia dos espáridos, de cor vermella, coa base da parte espiñenta da aleta dorsal branquiña e a anal cunha estreita marxe branca; e o bordo do lóbulo inferior da aleta caudal branco. O seu corpo é oblongo; presenta uns ollos moi grandes, que teñen un diámetro maior ca a lonxitude do fociño.

Palabras vecinas

cachú cachucha cachucha cachucho cacicada cacicado cacifo