cacharela

cacharela

lat *quassare ‘escachar, romper’

Plural: cacharelas
  1. s f

    Conxunto de leña ou doutros materiais deitados no chan que se queiman e producen fortes lapas.

  2. cacharela de San Xoán [ETN ]

    Conxunto de leña, toxos, xestas ou piornos que se amontoan na véspera de San Xoán. Á noitiña préndeselle lume e faise unha roda ao redor, mentres se baila e aturuxa. Ao se consumir a leña, sáltase por riba das últimas lapas para tirar os meigallos do corpo.

Sinónimos