cacao

cacao

nahuatl cacahuatl ‘carozo de cacao’

Plural: cacaos
  1. s m [PLANTA ]

    Árbore, da familia das esterculiáceas, con follas alternas e lanceoladas, tronco liso con cortiza de cor canela sobre o que aparecen directamente as flores en acios, de cor vermella e amarela, e inodoras, e froito en cápsula, denominado mazaroca.

    1. s

      Semente ou gran do cacao, constituínte básico do chocolate.

    2. cacao en po

      Cacao sometido a un proceso de moído, procedente do prensado no que se extrae a manteiga.

    3. cacao soluble

      Cacao en po, enriquecido con varias substancias edulcorantes e aromatizantes, que se disolve facilmente.

    4. crema de cacao

      Preparado comercial de consistencia pastosa ideado para untar e constituído fundamentalmente por azucre e graxas, aromatizado con cacao.