cable

cable

fr câble lat v capulu ‘corda’

Plural: cables
  1. s m [TECNOL ]

    Conxunto formado por un número variable de fíos metálicos ou de cordóns, formados por estes fíos, e a alma central sobre a que van enrolados.

    1. s

      Condutor filiforme a miúdo recuberto por un revestimento destinado a transmitir unha corrente eléctrica.

    2. cable coaxial

      Cable empregado para a transmisión de sinais eléctricos de alta frecuencia.

    3. cable submarino

      Cable somerxido que se emprega en comunicacións intercontinentais.

  2. s m [COMUN ]

    cablegrama.

  3. s m [MAR ]

    Cabo groso de cánabo usado antigamente para asegurar a embarcación á áncora.

  4. s m [METROL ]

    Medida de lonxitude que equivale á décima parte dunha milla ou a 185,2 m.

    1. cable comunitario

      Rede de televisión por cable que serve a unha comunidade.

    2. canal de cable activo

      Emisora de televisión por cable que produce, polo menos, unha parte da súa programación.

    3. canal de cable pasivo

      Emisora de televisión por cable que non produce a súa propia programación.

Citas

  • Suxeitamos a roldana cun cable