cabido

cabido

lat capitŭlu

Plural: cabidos
  1. s m [RELIX ]

    Conxunto de cóengos dunha catedral ou dunha igrexa colexiada.

  2. s m [RELIX ]

    Reunión de cóengos.

  3. s m [RELIX ]

    Lugar no que se xuntan os cóengos.

  4. s m [DER ]

    Corporación constituída polo alcalde e os concelleiros.

  5. cabido insular [DER ]

    Corporación local de cada unha das sete illas da Comunidad Autónoma de las Islas Canarias.

Sinónimos

Citas

  • Celebraron o cabido no mosteiro de Poio
  • Na xuntanza do cabido aprobouse o informe sobre os orzamentos
  • O cabido permanecerá pechado por obras durante o mes de setembro
  • Os membros da confraría de pescadores celebraron o seu cabido mensual
  • Reuniuse o cabido compostelán para tratar o asunto do novo botafumeiro

Formas incorrectas

cabildo