cábala

cábala
Plural: cábalas
  1. s f [RELIX ]

    Conxunto de teorías metafísicas, místicas e esexéticas, de carácter esotérico, desenvolvidas no xudaísmo. Acadou o seu máximo desenvolvemento nos ss XII e XIII.

  2. s f

    Ciencia esotérica que procura comunicarse co mundo sobrenatural.

  3. s f

    Negociación secreta e astuta que ten como finalidade conseguir algunha cousa.

  4. s f

    Suposición baseada en simples indicios ou aparencias para adiviñar unha cousa.