bulbo

bulbo

lat bulbu

  1. m
    1. Órgano, xeralmente subterráneo, que está constituído por un talo curto e engrosado cunha xema destinada a orixinar o talo aéreo ao darse as condicións adecuadas.

    2. Engrosamento globuloso da base do pé nalgúns cogomelos.

    3. Disco basal de fixación en forma de cúpula nalgunhas algas.

    1. Protuberancia redondeada de certos órganos que lembra, pola súa forma, os bulbos vexetais.

    2. bulbo aórtico

      Dilatación da base da aorta.

    3. bulbo nervioso

      Porción nodosa que conecta diferentes nervios entre eles.

    4. bulbo olfactivo

      Cada unha das dúas expansións do nervio olfactivo.

    5. bulbo piloso

      Extremo central dun pelo ou cabelo.

    6. bulbo raquídeo

      Protuberancia da extremidade superior da medula espiñal, onde radican os centros vitais máis importantes para a regulación das funcións respiratoria, circulatoria e do equilibrio, e tamén algúns centros reflexos.

    7. bulbo uretral

      Rexión ensanchada da uretra esponxosa.

    8. bulbo vestibulovaxinal

      Cada un dos dous órganos eréctiles situados baixo a mucosa vaxinal, homólogo do tubo uretral masculino.

  2. m [ARQUEOL ]

    Relevo concoidal que, en análise tecnolóxica, se desenvolve sobre a cara inferior dunha lasca a partir do punto de presión ou de percusión; neste último caso precédeo, ás veces, un cono de percusión.

  3. m [ENX ]

    Protuberancia da parte inferior dalgúns tallamares que ten por finalidade diminuír a fricción da auga coa carena.