bufo

bufo

bufar

  1. m

    Acción e efecto de expulsar o aire polo nariz facendo ruído.

  2. m

    Peido sen ruído.

  3. bufo de vella [FUNGO ]

    Cogomelo do xénero Lycoperdon que está constituído por unha frutificación de forma piriforme, que cando madurece deixa saír, a través dun poro apical, as esporas pulverulentas.

Sinónimos

Citas

  • Botou un bufo no medio da xente que o fixo avergonzar
  • O touro deu un bufo e arremeteu contra o rapaz