búfalo

búfalo

lat bufălu

  1. m [ANIMAL ]

    Mamífero ruminante do xénero Bubalus ou Syncerus, da subfamilia dos bovinos. Teñen o corpo groso e a cola longa rematada nun pincel de pelos, e presentan cornos longos e anchos na base.

  2. búfalo africano/cafre [ANIMAL ]

    Búfalo non domesticable que está considerado como un dos animais máis perigosos de África.

  3. búfalo anano [ANIMAL ]

    anoa.

  4. búfalo asiático/indio [ANIMAL ]

    Búfalo que habita, en estado salvaxe, nas zonas pantanosas da India, Sri Lanka e L de Bengala. Existen formas domesticadas.

Confrontaciones

bisonte

Palabras vecinas

bueliáceo -a bufa bufador -ra búfalo bufanda bufar bufarada