bruxa

bruxa
  1. f

    Muller que, segundo as crenzas populares europeas, ten pauto co demo, do que recibe poder para realizar meigallos ou adiviñar o futuro.

  2. f

    Muller mala que causa dano ou provoca conflitos de maneira intencionada.

  3. f [ANIMAL ]

    bicuda.

  4. caza de bruxas [HIST ]

    Conxunto de medidas inquisitoriais que estaban destinadas a localizar e castigar as persoas sospeitosas de bruxaría.

Citas

  • A miña veciña é unha bruxa que non nos deixa vivir en paz