bromuro
bromuro
-
m
[QUÍM ]
Composto binario de bromo cun elemento menos electronegativo en que o bromo actúa co número de oxidación -1. Destacan os bromuros de sodio e de potasio que se empregan en medicina como tranquilizantes.
-
bromuro de metilo
[QUÍM/AGR ]
Substancia que se emprega para fumigar as sementes co fin de desinfectalas, especialmente as do algodón.