acrílico -ca

acrílico -ca
Plural: acrílicos Masculino: acrílico Masculino plural: acrílicos Feminino: acrílica Feminino plural: acrílicas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos polímeros acrílicos.

  2. adx

    Relativo ou pertencente ao ácido acrílico ou aos seus derivados.

  3. ácido acrílico [QUÍM ]

    Líquido corrosivo empregado como monómero para obter polímeros acrílicos e algúns acrilatos.

  4. ácido acrílico glacial [QUÍM ]

    Ácido acrílico do 97% ou máis de riqueza, capaz de cristalizar a temperaturas invernais.

  5. elastómero acrílico [QUÍM/IND ]

    Polímero resistente á acción degradante dos aceites a temperaturas de 175-180°C, e pasivos ao ataque do osíxeno e do ozono.

  6. fibra acrílica [QUÍM/TÉXT ]

    Fibra téxtil constituída por unidades acrilonitrilo.

  7. polímeros do ácido acrílico [QUÍM/IND ]

    Composto resultante da polimerización do ácido acrílico.

  8. resinas acrílicas [QUÍM/IND ]

    Resinas formadas por polímeros dos ésteres dos ácidos acrílicos e metacrílicos.