breviario

breviario

lat breviarĭu ‘compendioso’

  1. m

    Libro da liturxia da igrexa católica romana que contén os textos do oficio divino ou liturxia das horas.

  2. m

    Resumo en que se contén o esencial doutro texto moito máis amplo.

  3. m

    Libro que se le moito ou se consulta constantemente.

  4. m [GRÁF ]

    Carácter de letra ampla de nove puntos que se usa nos breviarios.

Sinónimos

Citas

  • Este libro é un breviario da Eneida
  • Os camiños da vida de Otero Pedrayo era o seu breviario