braquiúro -ra

braquiúro -ra
Plural: braquiúros Masculino: braquiúro Masculino plural: braquiúros Feminino: braquiúra Feminino plural: braquiúras
  1. adx [ANIMAL ]

    Relativo ou pertencente aos braquiúros.

  2. m [ANIMAL ]

    Crustáceo decápodo da infraorde dos braquiúros.

  3. m [ANIMAL ]

    Infraorde de crustáceos da orde dos decápodos, case sempre mariños ou de augas salobres, bentónicos e litorais, que teñen o abdome reducido e fortemente flexionado baixo o tórax e potentes quelípodos. Desprázanse case sempre de lado e engloba os bois, as nécoras, as centolas e outros caranguexos.