branco -ca

branco -ca

xerm blank ‘branco, brillante’

Plural: brancos Masculino: branco Masculino plural: brancos Feminino: branca Feminino plural: brancas
  1. adx
    1. Que é de cor igual ou aproximada á do leite ou da neve. Tm s m.

    2. [FÍS ]

      Aplícase á cor que resulta da combinación de todas as radiacións correspondentes ao espectro visible da luz solar.

    3. [IND ]

      Aplícase á cor que adquiren certos metais en estado candente, xa pasada a fase de cor vermella ao superar unha temperatura de 1.300°C.

  2. adx

    Que é de cor clara, por contraste con outras máis escuras do mesmo tipo.

  3. adx [POLÍT ]

    Que mantén unha postura política conservadora ou reaccionaria. Tm s.

    1. adx

      Aplícase aos elementos tipográficos máis baixos ca os caracteres de imprenta que teñen como finalidade separar os caracteres.

    2. Marxe situada arredor da páxina dun libro.

    1. adx

      Aplícase ao documento novo, sen contido, que crean diversas aplicacións para poder traballar nelas.

    2. Parte dun soporte de información en que non existe ningún carácter rexistrado.

  4. m
    1. Pincelada ou trazo feito cun pigmento branco nos debuxos monocromáticos que marca os puntos ou zonas de máxima luminosidade.

    2. Área do soporte, na técnica pictórica da acuarela, que conserva a brancura orixinal do papel que queda de maneira intencionada sen pintar.

  5. branco de calcio [QUÍM/IND ]

    Argamasa lixeira de cal con auga que se emprega para branquear paredes, fachadas ou teitos.

  6. branco de titanio [QUÍM/IND ]

    Pigmento branco constituído por dióxido de titanio.

  7. branco de cinc [QUÍM/IND ]

    Pigmento branco, composto de óxido de cinc, moi empregado en pinturas.

  8. branco do dente [ANAT ]

    Esmalte que cobre a coroa dos dentes.

  9. branco do ollo [ANAT ]

    Parte que envolve a córnea transparente.

  10. branco fixo [QUÍM/IND ]

    Pigmento constituído principalmente por sulfato de bario.

Sinónimos

Citas

  • A cor branca favorece moito á xente morena
  • A pelota ten unha mancha no branco
  • As estradas son branco fácil para os bombardeos aéreos
  • Está branco coma un morto
  • Este libro ten anotacións no branco
  • Ficou branca como a neve
  • Na festa había casetas de tiro ao branco
  • Nesa casa aínda teñen un televisor en branco e negro
  • No medio do libro había unha folla en branco
  • O documento ten brancos para que ti os completes cos teus datos
  • O home branco conquistou o oeste dos EE UU gracias ás armas, Os brancos impuxéronse a outras razas pola forza
  • O pan branco e o peixe branco é o que máis me gusta
  • O seu branco era chegar a xerente da compañía
  • Para apreciar o viño debes servilo en copas de cristal branco

Frases hechas

  • Branca como o leite. De cor moi branca ou p

  • Dar no branco, facer branco.

  • Quedar en branco. Non entender o que se le ou se escoita, ou esquecer o que se sabe.

  • 1 Acertar no punto preciso.

  • 2 fig Conseguir algo dif

  • Facer do branco negro. Deformar a verdade ou a exactitude dos feitos.

  • Pasar a noite en branco. Non ser quen de durmir en toda a noite.

Refranes

  • O branco encobre moítas faltas.
  • Onde hai branco tamén hai negro.

Palabras vecinas

brancellao brancha branchal branco -ca brancor brancura brandear