borro

borro
  1. m

    Pouso dun líquido que queda no fondo dun recipiente.

  2. m

    Substancia de cor negra que se desprende do fume e se adhire ás paredes ou obxectos.

  3. m

    Substancia escura que segregan algúns cefalópodos para defenderse.

  4. m [FUNGO ]

    Fungo da orde dos ustilaxinais, parasito das poáceas, cuxas hifas poden invadir toda a planta e producir esporas que semellan un po negro nas súas flores.

Sinónimos

Citas

  • A causa do incendio as paredes enchéronse de borro
  • Na miña casa cómense moito os chocos co borro
  • Sen darme conta tamén lle botei no vaso o borro que había na botella