bórax

bórax

lat científico borax ár bawraq persa boûrah

Nome científico: Na<sub> 2</sub> B<sub> 4</sub> O<sub> 7</sub> ·10H<sub> 2</sub> O
m [QUÍM/MINERAL ]

Sólido de lustre vítreo que se presenta en forma de mineral monoclínico holoédrico e que forma cristais prismáticos, curtos e grosos, incoloros ou de cor gris ou amarela, de fractura concoidal e brillo graxo e que se emprega na obtención doutros compostos do boro, nos vitrificados e na fabricación de esmaltes. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].