bolsa

bolsa

lat bursa gr βύρσα ‘coiro’

  1. f

    Saco de material flexible con abertura única por arriba que serve para gardar ou levar obxectos.

  2. f

    Inflamación na pel provocada por rozaduras ou queimaduras, que fai que esta se separe da carne e se encha de líquido.

  3. f [ANAT ]

    Calquera receptáculo do organismo que contén certo humor.

  4. f [ZOOL ]

    Cavidade ou estrutura anatómica que ten forma de saco.

  5. f

    Axuda económica que se outorga para facilitar a formación dunha persoa.

  6. bolsa das augas

    Saco anatómico que durante a xestación envolve o feto e facilita a súa expulsión no parto.

  7. bolsa de aire [METEOR ]

    Porción de aire atmosférico, menos denso ca o circundante, que provoca nas aeronaves un descenso brusco se non é compensada.

Sinónimos

Citas

  • A súa bolsa é das máis ricas do país
  • Bolsa sinovial
  • Esta saia ten unha bulsa, hai que cosela de novo
  • Gardou os cartos na bolsa que agochaba debaixo da súa faldra
  • Meu pai traballa nunha empresa americana que está á procura de bolsas de petróleo
  • Nas grandes cidades pode percibirse un gran contraste entre o luxo e as bolsas de pobreza
  • Non lle concederon a bolsa de estudios para ir estudiar a Irlanda
  • Ó final colleume toda a compra nesta bolsa de plástico, Os deportistas colleron as súas bolsas antes de subir ao autobús
  • O zapato fíxolle unha bolsa no pé dereito
  • Os canguros levan as súas crías metidas nas bolsas
  • Ten unha bolsa chea de moedas dunha peseta

Formas incorrectas

beca (estudos)