boletín

boletín

it bullettino it bolletta

    1. Publicación periódica sobre unha materia determinada que constitúe o órgano de divulgación dunha entidade oficial ou privada.

    2. [DER ]

      Publicación periódica de carácter oficial en que se fan públicas as leis e outras disposicións.

  1. m
    1. Pequeno escrito de noticias para circulación interna nalgún organismo ou para a comunicación pública.

    2. [BÉL ]

      Breve comentario de noticias de operacións militares.

    3. [COMUN ]

      Bloque de novas de última hora que aparece tanto nos xornais como nos medios audiovisuais.

  2. m
    1. Papeleta que se cobre con calquera finalidade para subscribirse a unha publicación ou a que enche a administración educativa para dar conta do labor desenvolvido por un alumno.

    2. [RELIX ]

      Comprobante escrito onde se manifesta ter cumprido cun precepto da Igrexa.

Sinónimos

Confrontaciones

anais, anuario, semanario

Citas

  • A lista de premiados na bienal saíu publicado no boletín da facultade de Belas Artes
  • Non vin as imaxes do boletín, pero lino na prensa
  • Precisas un boletín de cualificacións oficial para matricularte nos cursos de doutoramento
  • Saíron as bases da bolsa no Boletín Oficial do Estado
  • Segundo o boletín que facilitaron os médicos a enfermidade non é grave
  • Subscribímonos a través do boletín que viña na propia revista
  • Todos os días a OTAN facilitaba un boletín sobre a intervención en Kosovo

Palabras vecinas

bolero boletáceo -a boletal boletín boleto boleto bolichada