fCorpo de calquera material que posúe forma esférica.
fXogo infantil no que se tenta introducir unhas pequenas bólas de vidro ou barro nuns pequenos buracos feitos no chan, facéndoas chocar coas do contrario para afastalo da proximidade do oco.
fARQUITMotivo ornamental que consiste nunha esfera colocada como remate.
fMATConxunto de puntos x que cumpren que a distancia a un determinado punto fixo a, chamado centro, é menor ou igual que un número fixo r, chamado raio.
fTECNOLPeza esférica, de gran dureza e resistencia ao desgaste que se emprega como elemento de rodamento.
bóla adiposa de BichatANATMasa de graxa situada en cada meixela, entre o maseter e o bucinador, moi desenvolvida nos nenos.
bóla de neveFUNGOCogomelo de cor branca do xénero Agaricus.
bóla de sinaisMARConxunto formado por dous ou tres discos, de lona ou metálicos, cruzados perpendicularmente e usados nos barcos e nos semáforos para efectuar sinais.