bodega

< lat apothēca gr ἀ πο ϴή κε ‘almacén’
  1. f Lugar fresco da casa, xeralmente o soto ou unha construción adxacente, en que se garda o viño.
  2. f Establecemento que elabora viño.
  3. f Local en que se consomen viños.
  4. f MAR Lugar situado entre os costados e o fondo da embarcación destinado á carga.

Sinónimos

Confrontaciones

Citas

  • A embarcación non volve a porto ata que a bodega estea completamente chea de peixe
  • É unha das bodegas con máis prestixio das Rías Baixas
  • Se queredes imos tomar un viño aquí cerca, nunha bodega que coñezo

Palabras vecinas