blastema

< gr βλάστημα ‘xermolo’
  1. m BIOL Parte do embrión que posúe individualidade propia, e da que derivan os futuros tecidos e órganos do animal adulto.
  2. blastema de rexeneración BIOL Grupo de células e tecidos indiferenciados formado nas rexións próximas a un membro amputado, nas primeiras fases da rexeneración.