biliar

< bile
Pliral: biliares
  1. adx Relativo ou pertencente á bile.
  2. adx Que contén bile.
  3. ácido biliar BIOQ/FISIOL Esteroide presente na bile en forma de sales biliares.
  4. pigmento biliar BIOQ/FISIOL Substancia que provén da degradación da hemoglobina dos eritrocitos no fígado, bazo e medula ósea. Os máis importantes son a bilirrubina e a biliverdina.
  5. sal biliar BIOQ/FISIOL Substancia tensoactiva que se atopa na bile e que ten un papel importante como emulsionante de lípidos.

Citas

  • Despois do accidente tivo problemas co funcionamento da vesícula biliar