fCiencia auxiliar que mediante a busca, a identificación, a descrición e a clasificación de todos os documentos publicados ou reproducidos por procedementos mecánicos, fotomecánicos ou electrónicos, facilita o coñecemento dunha materia.
fRelación sistemática, ordenada e a miúdo crítica ou razoada, de obras relativas a unha ou diversas materias.
Citas
Aínda estou axuntando toda a bibliografía de María Barbeito Cerviño para posteriormente comezar a miña investigación
É habitual que as teses de doutouramento leven unha extensa bibliografía ao final
Vin o seu novo libro na bibliografía do domingo no xornal