benestar

< ben + estar
  1. m Estado de quen se sente ben e goza de tranquilidade.
  2. m Situación na que están satisfeitas as necesidades materiais da vida.
  3. economía do benestar ECON Corrente normativa da ciencia económica que ten por obxecto a busca do mellor para o colectivo.
  4. estado de benestar ECON Tipo de actuación estatal destinada a producir bens e servizos non rendibles para o sector privado.  OBS: O fonema nasal realízase como nasal velar sonora

Citas

  • Cando podo ir para a aldea as fins de semana gozo dun gran benestar
  • Co paso dos anos acadaron unha situación de benestar, aínda que comezaron noutra posición ben distinta