bautizo

< bautizar
  1. m RELIX Acción de administrar o sacramento do bautismo.
  2. m Festa que se fai cando se bautiza a alguén.
  3. m Acción de botarlle auga a outra bebida.
  4. m Cerimonia para dar nome a un barco, un avión ou outro obxecto.
  5. bautizo de aire Primeiro voo en avión.

Sinónimos

Confrontaciones

Citas

  • Bautizou o viño para quitarlle forza
  • Co gallo do bautizo da nova casa conseguimos reunir toda a familia
  • Estou convidado a dous bautizos no mesmo día e aínda non me decicidín por ningún
  • Non chorou nada durante o bautizo
  • Todo o mundo lle chama Miki, pero o seu nome de bautizo é Xosé Miguel