batedura

< bater
  1. f Acción e efecto de bater.
  2. f AERON Oscilación das pas do rotor dun xiroavión, ao redor da bisagra de articulación coa árbore motora.
  3. f FÍS Oscilación que presenta a amplitude de vibración da onda que resulta da interferencia de dous trens de ondas con frecuencias próximas.
  4. f TÉXT Operación de bater á que se someten as madeixas ou os tecidos para limpalos de po e quitarlles o apresto.

Citas

  • Non batiches ben os ovos, vou ter que darlles outra batedura
  • Temos que pechar algunha xanela porque non para de haber bateduras