base

< lat base gr βάσις ‘pé’
Pliral: bases
  1. f Parte inferior dalgunha cousa onde esta descansa sobre o seu soporte.
  2. f Parte máis importante que constitúe ou intervén nunha determinada cousa.
  3. f Feito ou cousa que orixina algo ou que constitúe o seu principio.
  4. f fig Conxunto de membros efectivos dunha organización formal que non ocupan cargos burocráticos nin directivos.
  5. f
    1. ANAT Parte dun órgano que se une a outro máis céntrico.
    2. ENTOM Zona próxima á unión co tórax, nas ás dos insectos.
  6. f Parte inferior da columna.
    1. f Complexo de instalacións destinadas ao cumprimento de determinadas misións militares ou científicas.
    2. f ASTRON Zona destinada ao lanzamento de foguetes de sondaxe atmosférica, balísticos ou espaciais.
    3. base aérea BÉL Conxunto de instalacións e de servizos destinado a facilitar a acción das unidades aéreas militares.
    4. base de operacións BÉL Zona do terreo onde están reunidos os recursos máis inmediatos e pouco movibles, necesarios para unha campaña ou unha serie de operacións.
    5. base militar BÉL Complexo de instalacións militares que constitúe o aloxamento habitual de diversas unidades militares e que dispón dos servizos necesarios para realizar as súas actividades.
    6. base naval / MAR/BÉL Porto, defendido militarmente, onde permanecen os barcos de guerra.
    7. base orbital ASTRON Satélite artificial proxectado como instalación destinada a laboratorio de investigacións ou como plataforma de lanzamento para futuras viaxes espaciais.
  7. DEP
    1. s Xogador que organiza o xogo ofensivo, en diversos deportes de equipo con balón, especialmente no baloncesto.
    2. s f Cada un dos catro ángulos do terreo de xogo, no deporte do béisbol.
  8. s f FÍS Electrodo intermedio dun transistor empregado correntemente como electrodo de control.
  9. LING
    1. s f Elemento que queda dunha palabra variable cando se lle separan os afixos e os elementos flexionais.
    2. base baleira Termo sintáctico asemántico destinado a servir de soporte dunha construción que, doutra maneira, sería equívoca ou inviable.
    3. base de alternancia Segmento fundamental da palabra, oposto aos sufixos e aos elementos de flexión, que está suxeito ao fenómeno morfonolóxico da alternancia.
    4. base morfolóxica Forma tomada na descrición dunha lingua como punto de partida para obter as outras formas dun paradigma de flexión ou dunha familia de derivación.
    5. base radical Elemento que permanece cando se sacan dunha palabra os morfemas temáticos. OBS: Tamén se denomina raíz.
    6. base sufixal Elemento que permanece cando non se sacan dunha palabra os morfemas temáticos. OBS: Tamén se denomina tema.
  10. s f LIT Pé inicial dun verso que, na métrica clásica, por anacruse, non conta na escansión.
  11. MAT
    1. s f Grupo de elementos dun conxunto que permite expresar outro elemento do conxunto como combinación deles.
    2. base canónica Base principal dun espazo vectorial K n formada polos vectores e 1 = (1,0...,0), e 2 = (0,1, 0,...,0),..., e n = (0,...,0,1).
    3. base dun espazo vectorial Conxunto de vectores linealmente independentes que xeran o espazo vectorial mediante combinacións lineais.
    4. base dun módulo Conxunto linealmente independente de elementos do módulo que se xera mediante combinacións lineais.
    5. base ortonormal Base ortogonal que nun espazo con produto interno, está formada por vectores de norma unidade.
    6. base ortogonal Base B = [e1,..., en] dun espazo vectorial cun produto interno, na que os elementos son ortogonais entre si, é dicir, que satisfán (eiej) = 0 se i ≠ j.
  12. MAT
    1. s f Número do que son función todos os números dunha táboa nun sistema numérico e que serviu para construíla.
    2. s f Número tomado como fundamento de certos sistemas de notación ou de determinadas teorías matemáticas.
    3. base dun sistema de numeración Número enteiro p en función do que se pode expresar calquera número enteiro positivo x, mediante un polinomio da forma: xa k p k , sendo 0≤a kp–1. A base do noso sistema de numeración é 10 (sistema decimal), pero empréganse tamén outros sistemas de numeración, coma o sistema en base 2 ou binario, empregado polos ordenadores.
    4. base dunha potencia Número que hai que tomar como factor tantas veces como indica o expoñente co que está afectado.
  13. s f MAT Cada un dos lados ou das caras dunha figura xeométrica enriba da que se pode considerar que descansa.
  14. s f QUÍM Elemento ou ingrediente principal ou esencial dunha mestura, composto ou medicamento.
  15. s f QUÍM Substancia caracterizada quimicamente por provocar o cambio de cor de determinadas substancias orgánicas chamadas indicadores e producir cos ácidos reaccións de neutralización en que se forman os sales.
  16. base de analoxía LING Palabra que provoca unha acción analóxica.
  17. base de articulación LING Conxunto de hábitos articulatorios que conforman a pronuncia característica dunha lingua.
  18. base de comparación LING Característica común que existe en dous termos dunha oposición e que constitúen a súa base de comparación.
  19. base de datos INFORM Conxunto de datos non redundantes e estruturados, organizados independentemente das dúas aplicacións e almacenados en soporte informático, de tal xeito que entre eles se poida localizar rapidamente unha determinada información e que, ademais, se poidan empregar con diversas finalidades.
  20. base de evolucións TÉXT Orde en que, nun atado ou debuxo, se combinan os inicios e remates de cada fío do urdido con todas as pasadas do traxecto, ou de cada unha destas pasadas con todos os fíos.
  21. base de logaritmos MAT Número positivo e diferente do 1 sobre o que se constrúe un sistema de logaritmos.
  22. base nitroxenada BIOQ Composto básico que contén hidróxeno, especialmente, composto anelado orgánico como a adenina, a citosina, a guanina, a timina e o uracilo, constituíntes dos ácidos nucleicos.
  23. parella de bases BIOQ Relación de enlace entre as bases purínicas e pirimidínicas dos nucleótidos de cadeas complementarias do ADN e do ARN.
    1. f alor predeterminado tomado como referencia nunha comparación, nunha medida ou escollido como unidade.
    2. f ECON Prezo usado como unidade ou termo de comparación para calcular outros prezos.
    3. f MAR Distancia comprendida entre as dúas aliñacións que determinan a milla medida.
    4. f XEOG Distancia entre dous puntos medida directamente con aparatos especiais situados nun lugar pouco accidentado para facilitar a medida.
    5. base de velocidade AERON Distancia prefixada escollida para determinar a velocidade dunha aeronave respecto ao Sol.
    6. base dos índices MAT alor que se utiliza como denominador das expresións que permiten o cálculo dos índices numéricos, correspondente á intensidade ou á media da intensidade dun determinado fenómeno nun lugar e durante un certo período de tempo.
    7. base impoñible DER Contía do capital que foi fixada legalmente e sobre a que recae un tributo determinado.
    8. base liquidable DER Contía que resulta de practicar na base impoñible as reducións fixadas legalmente propias de cada tributo.
    9. base quilométrica TRANSP Prezo de transporte por tonelada ou por persoa e quilómetro, fixado para establecer as tarifas ferroviarias.

Citas

  • A base da alimentación dos bebés é o leite
  • A base da súa teoría non é nada realista
  • A base do seu éxito está no traballo constante e laborioso
  • As bases do Partido Comunista non están de acordo coas últimas decisións tomadas pola dirección
  • Asentaron a base preto do seu obxectivo: o Everest
  • O escultor decidiu poñer unha inscrición na base da estatua, O floreiro ten pouca base e non se equilibra ben
  • O ministro de Traballo e os delegados sindicais asentaron as bases para chegar a un posible acordo, Moitos dos traballadores non perciben o salario base

Frases hechas

  • a base de loc prep
  • 1 Expresa o elemento principal dos que constit
  • 2 Expresa o medio co que se consegue algo. Ex: Acadou a praza na universidade a base de moito estudio.