mInstrumento que se utiliza para medir a presión atmosférica.
barómetro aneroideAparato que consta dun elemento sensible en forma de cápsula circular e plana completamente pechada, onde se fixo previamente un certo baleiro e que se emprega para medir a presión atmosférica.
barómetro de mercurioBarómetro que mide a presión atmosférica mediante a determinación da altura dunha columna de mercurio.
barómetro de TorricelliBarómetro de mercurio deseñado por Torricelli (1643), en que o descenso de mercurio no tubo orixina unha cámara barométrica.
m figCalquera cousa que se utiliza como índice ou medida dun determinado proceso ou estado, especialmente se se aplica á investigación dos mercados de consumidores e usuarios.
Citas
A alta venda de libros é un bo barómetro para indicar o grao de cultura dunha poboación
O barómetro indicou que se produciría un cambio na atmosfera