bario

< gr βαρύς ‘pesado’
  1. m QUÍM Metal alcalinotérreo que pertence ao grupo II da táboa periódica, de número atómico 56 e peso atómico 137,34.
  2. carbonato de bario QUÍM Sólido branco que se emprega como raticida, en vidros e esmaltes cerámicos e noutras aplicacións.
  3. clorato de bario QUÍM Conxunto de pos brancos que se emprega en pirotecnia, en explosivos e como mordente téxtil.
  4. cloruro de bario QUÍM Conxunto de cristais incoloros que se emprega na fabricación de cloro, entre outras aplicacións.
  5. cromato de bario QUÍM Precipitado amarelo que se meprega nos mistos de seguridade e como pigmento.
  6. hidróxido de bario QUÍM Sólido branco que se emprega na análise química como base forte exenta de carbonato.
  7. nitrato de bario QUÍM Concunto de cristais brancos que se emprega en pirotecnia e na fabricación de vidros e esmaltes cerámicos.
  8. óxido de bario QUÍM Substancia branca ou amarelada que se emprega como axente deshidratante e como aditivo nos aceites lubrificantes.
  9. peróxido de bario QUÍM Conxunto de pos de cor branca grisácea que se utiliza en pirotecnia e nas balas trazadoras.
  10. sulfato de bario QUÍM Conxunto de pos microcristalinos, brancos que se emprega como pigmento e na elaboración de vidro.
  11. sulfuro de bario QUÍM Composto empregado como depilatorio e vulcanizador.
  12. titanato de bario QUÍM Conxunto de cristais cun brillo grisáceo que se emprega en amplificadores dieléctricos e en transdutores para ultrasóns.