bambán

< voz onomatopeica
  1. m Asento horizontal suspendido a unha certa distancia do chan e pendurado por cordas ou similares, en que unha persoa pode sentar cunha finalidade lúdica.
  2. m Barra horizontal cun punto de apoio central que se emprega como divertimento sentando nos extremos para subir e baixar alternativamente.

Citas

  • Non quere vir comigo ao bambán e eu só non podo balancearme
  • Xa están fartos dos bambáns e prefiren xogar en grupo