bálteo

< lat baltĕu ‘cinturón’
  1. m ARQUIT Moldura que cingue a voluta do capitel xónico polo centro da súa cara lateral.
  2. m ARQUIT Muro que nos anfiteatros e teatros clásicos separaba os asentos das diferentes clases sociais e no que se abrían os vomitorios.
  3. m HIST Cada un dos diversos tipos de cíngulos e bandas, como a correa da que pendía a espada que brandían os soldados romanos, que se usaban como insignia de oficial.
  4. m INDUM Unha das dobras da toga, a primeira que se forma, que vai desde o costado dereito ata o ombreiro esquerdo.