balea

< lat ballaena gr ϕ άλαινα ‘balea’
  1. f ANIMAL Cetáceo da suborde dos misticetos, da familia dos balénidos, dos neobalénidos e dos estríctidos que poden acadar ata os 30 m de lonxitude. Carecen de dentes e no seu lugar teñen barbas que actúan como filtro para reter o plancto do que se alimentan, especialmente de krill. Durante o verán habitan nos mares fríos e durante o inverno nos temperados, onde nacen as crías.
  2. f Cada unha das láminas que presenta este mamífero na mandíbula superior que pola súa dureza ten diferentes aplicacións.
  3. f Lámina de calquera material semellante ao que se extrae da mandíbula superior do cetáceo do mesmo nome.
  4. balea gris ANIMAL Balea, da familia dos escríctidos, de ata 15 m de lonxitude, coa aleta dorsal pouco prominente. Ten características anatómicas singulares e primitivas dentro das baleas.
  5. balea groenlandesa/polar ANIMAL Balea ártica, da familia dos balénidos, de ata 20 m de lonxitude, que presenta manchas brancas debaixo da cabeza, que carece de calosidades e ten o beizo inferior branco.

Citas

  • Teño que levar a amañar o paraugas porque co vento que ía onte rompeu unha balea