balancín

< balanza
  1. m Cadeira con brazos apoiada sobre dous arcos para poder abaneala adiante e atrás.
  2. m Barra que se utiliza en exercicios acrobáticos para manter o equilibrio.
  3. m Barra móbil dun motor que transforma en circular o movemento rectilíneo producido por unha forza aplicada sobre un pedal ou unha panca.
  4. m MAR Aparello para a pesca que se utiliza para a captura de especies de diferentes tipos.

Citas

  • Na China moita xente carrexa auga no balancín