mMovemento de inclinación dun corpo alternativamente a un lado e a outro dun punto fixo.
mConfrontación do activo e do pasivo dun negocio para coñecer o seu estado.
mComparación dos feitos favorables e desfavorables dunha situación.
mMovemento de oscilación dunha aeronave ou embarcación ao redor do seu eixe lonxitudinal.
ECON/DER
mDocumento contable que resume os datos referentes ás operacións administrativas dun patrimonio de acordo cun sistema de contas determinado.
mEstado extractado ou derivado de anotacións contables a partir do que se fai constar, se comproba ou se demostra a exactitude de ditas anotacións ou dun resultado da xestión da empresa.
balance da economía nacionalRexistro de todos os activos netos das unidades económicas do país que, en conxunto, forman o capital nacional.
balance de resultadosEstado que expresa o movemento positivo e negativo dos elementos da conta, de perdas e ganancias, durante o exercicio.
balance de situaciónSíntese do balance xeral en que se presentan as contas en grandes grupos patrimoniais e normalmente ordenadas no activo e no pasivo.
mFÍSComparación entre os estados inicial e final dun sistema físico, prestando especial atención aos cambios dalgunha magnitude física.
mTECNOLDispositivo que permite regular a intensidade dos sinais de saída transmitidos polas dúas vías dunha cadea estereofónica.
mTECNOLDefecto producido pola non-perpendicularidade entre o eixe xeométrico da árbore dun corpo xiratorio (como unha roda dentada) e o plano de rodamento deste, que provoca o desprazamento do plano real de rodamento a un e outro lado do seu plano teórico.
balance bípedoANTROPTipo de locomoción, común nos chimpancés e australopitecos, que se caracteriza polo desprazamento do corpo a inclinarse, de xeito alternativo, en sentidos opostos.
balance de brancosProceso que se realiza cunha cámara e mediante o que se prepara o equipo para obter imaxes de acordo á luz dispoñible no lugar onde teña que operar.
balance de coresProceso de calibración de cores mediante un programa que amosa as cores o máis achegadas á realidade.
balance enerxético da TerraXEOGBalance da radiación recibida e emitida pola Terra, calculado durante un período de tempo xeralmente longo.
balance hídricoXEOGResultado de tomar en consideración a auga precipitada sobre un territorio determinado e a auga que o solo perdeu por evaporación directa, por evapotranspiración a través das plantas, ou pola circulación fluvial e freática.
balance hidroelectrolíticoFISIOLRelación en que se atopan nun momento dado a auga e os electrólitos do organismo, especialmente o sodio e o potasio.