bacilo

< lat băcillu ‘bastón, variña’
  1. m MONERA Bacteria en forma de bastón que polo xeral ten carácter patóxeno.
  2. bacilo de Bang MONERA Bacteria en forma de bacilo, da familia das bruceláceas, axente do aborto epizoótico de bóvidos e porcos.
  3. bacilo de Calmette e Guérin MONERA Bacteria tuberculosa atenuada, máis coñecida pola sigla BCG.
  4. bacilo de Hansen MONERA Bacteria en forma de bacilo, da familia das micobacteriáceas, axente da lepra.
  5. bacilo de Koch/tuberculoso MONERA Bacteria en forma de bacilo, da familia das micobacterias, axente da tuberculose no home e noutros mamíferos.

Confrontaciones